Friday 10 de May de 2024

Inés Rey recibe no concello á representación da Confederación Española de Policía


 

A rexedora recibiu aos representantes da entidade para escoitar as súas demandas en materia laboral

Esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, recibiu no consistorio aos representantes do Comité Ejecutivo Provincial da Confederación Española de Policía (CEP), Borja Varela Ramil, José Manuel Juncal García e Fernando Patiño García, no que foi unha primeira toma de contacto institucional entre a entidade sindical e o concello. A rexedora agradeceulles a súa visita a María Pita que serviu para coñecer as súas principais reivindicacións en materia laboral.

Borja Varela valorou a reunión de forma “moi cordial e positiva” posto que, explicou, “Rey escoitou todas as nosas peticións e entendeu á perfección as necesidades” do corpo nacional. Entre estas peticións, destacou, están “o impulso na demanda do aumento de número de efectivos na oficina de denuncias e en radio patrullas”. Rey quixo coñecer a situación dos axentes da Policía Nacional desprazados a Cataluña e comprometeuse a “impulsar recoñecemento institucional do persoal que se trasladou a Cataluña e agradeceu o seu labor para salvaguardar a seguridade dos coruñeses e coruñesas”.

A representación do sindicato de Policía Nacional tamén lle pediu á rexedora que se potencie a un convenio de formación cos Bombeiros da Coruña e o pintado da vía pública que dá acceso á Comisaría do distrito Sur, a rúa Médico Devesa Nuñez.